ULTIMA HORA: Un percance no escenario do Teatro Colon durante a representación de Oeste Solitario obriga a suspender a función
A función de Oeste Solitario deste venres no Teatro Colón tivo que ser suspendida cando o actor Evaristo Calvo fíxose un corte nun pé. O resto dos actores pararon para atender ao seu compañeiro que finalmente tivo que ser trasladado ao hospital.
Malia o seu desexo de manter a función do sábado, tras pasar polo quirófano, o actor non estará en condicións de actuar, polo que Oeste Solitario non se representará este sábado tal e como estaba previsto.
Desde o Teatro Colón lamentamos as molestias ocasionadas e poñémonos a disposición dos espectadores para a devolución dos cartos das localidades.
A devolución das entradas faráse a través dos canais habituais de venda. No caso de ter mercado a entrada en efectivo, os despachos de billetes nos que poderán recuperar os cartos son o do Kiosko da Praza de Ourense no seu horario habitual, de 9.30 a 13.00 y de 16.30 a 19.30 h. e no despacho de billetes do Teatro Colón de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.
















ULTIMOS COMENTARIOS